'Nacidas libres', a obra teatral baseada na historia de tres monxas retidas en Compostela, chega a Bueu

Bueu
17 de xaneiro 2018

A sesión terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, cun custe de 3 euros por entrada. A hitoria analiza a desigualdade, a emigración e as condicionantes da muller nas distintas culturas

'Nacidas libres'
'Nacidas libres' / Compañía Contraproducións

Este sábado 20 de xaneiro, a partir das 21.00 horas, no Centro Social do Mar poderá verse a obra 'Nacidas libres', un espectáculo da compañía Contraproducións que forma parte do ciclo 'Sabados de teatro' de Bueu. 

A montaxe, elaborada a partir dun texto escrito polo dramaturgo Cándido Pazó, está dirixida por Cristina Domínguez e interpretada por Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans

A historia céntrase na procura dunha saída laboral para catro actrices que se atopan sen traballo. Unha escritora escríbelles un argumento a partir da noticia de tres mozas indias retidas contra a súa vontade en Santiago de Compostela. Así, a través dunha proposta humorística, ofrécense reflexións sobre a desigualdade, a liberdade, a emigración ou a situación da muller. 

A compañía integrada por estas coñecidas e magníficas actrices galegas xa conseguira un importante éxito en Bueu co seu espectáculo 'As do peixe', centrado no traballo nunha conserveira.