'Natureza deconstruida', a exposición pictórica das vilas de Mardesía

Sanxenxo
01 de abril 2022

Este xoves 31 inaugurouse a exposición 'Natureza deconstruida' nunha xornada única de portas abertas para todo o público no Espazo de Arte Mardesía

Obra de Alberto Pena
Obra de Alberto Pena

Este xoves 31 inaugurouse a exposición 'Natureza deconstruida' nunha xornada única de portas abertas para todo o público no Espazo de Arte Mardesía.

A mostra componse por 17 pezas de gran tamaño realizadas polo artista Alberto Pena, especializado na materialidade da natureza na obra pictórica.

Este autor, en anos anteriores, xa presentara na localidade as exposicións 'Pegadas na terra' no Pazo da Cultura e 'Certamen PLASTIKA 18' na Sala X.

Durante o resto do ano, esta exhibición permanecerá nas diversas estancias das vilas de Mardesía ubicadas na rúa da Lanzada. A visita será exclusiva para a clientela do lugar.