Nee Barros, Pitt Muffin e Joao Tomba pechan este luns 2 o ciclo 'Acústica na Parda'

Pontevedra
01 de agosto 2021
Actualizado: 17:31

Os concertos que promocionan a artistas locais, dentro da programación do Son do Verán do Concello de Pontevedra, comezan ás 20.00 horas con entrada libre e os protocolos de seguridade sanitaria. Durante este sábado subíronse ao escenario Palito, Corbi e Miríada.

Concerto de Palito no ciclo 'Acústica na Parda' Cristina Saiz

Ás 20.00 horas deste luns 2 de agosto comezarán os concertos programados para finalizar o ciclo 'Acústica na Parda' dentro das actividades do Son do Verán do Concello de Pontevedra para promocionar a artistas locais. As actuacións son de libre acceso coa adopción das medidas sanitarias.

Nee Barros abrirá a xornada cun recital/concerto. é un artista que toca diferentes fórmulas expresivas desde a música ao teatro, a fotografía ou a poesía. Ten dous libros publicados cos títulos '19 poemas para um VÍRUS-19' e 'Identidade. A normalidade do non-común'.

Tras a súa actuación, ás 21.30 horas, Pitt Muffin ofrecerá versións de temas da era punk e post-punk en formato acústico e en solitario.

Por último, o ciclo conclúe con Joao Tomba, ás 22.45 horas, con novos temas do seu último disco. Tras este seudónimo está o artista Indy Tumbita para ofrecer recitais coa compaña dunha guitarra e un radiocassette para revisitar aos Rolling Stones e a bandas de rock españolas como os Burning.

Durante a xornada do sábado, o público resistía a baixada de temperaturas durante a noite para ver os concertos ao aire libre da cantautora pontevedresa Palito, do solista Corbi e de Miríada, que ofreceu a súa variedade de estilos musicais.

*** Os concertos cambiaron de día polas inclemencias do tempo, xa que inicialmente estaban previstos para este domingo 1 de agosto. O Concello de Pontevedra avisaba do cambio ás 17.00 horas do domingo anunciando que se trasladan para a xornada do luns 2, xa que a predición meteorolóxico é boa, tras chegar a acordo cos artistas participantes para o cambio de data.