Nelson Quinteiro ofrecerá un repertorio cantareiro poliédrico na Festa da Cebola

Sanxenxo
01 de setembro 2022

O artista actúa este sábado 3 de setembro, a partir das 12.00 horas, na Praza Pascual Veiga de Sanxenxo con músicas do mundo e pezas galegas

Espectáculo de Nelson Quinteiro
Espectáculo de Nelson Quinteiro / Mónica Patxot

Este sábado 3 de setembro, a partir das 12.00 horas, a praza Pascual Veiga de Sanxenxo acolle un espectáculo de música, danza e performance con motivo da Festa de Exaltación da Cebola.

Será unha proposta do artista Nelson Quinteiro, que subirá ao escenario para ofrecer unha proposta musical con escenas polifónicas, samplers, loops e propostas sorprendentes a través da súa voz, acompañada por un acordeonista.

Nesta proposta musical reflíctense elementos relacionados coa emigración, as conserveiras ou as narracións mariñeiras, sempre realizando un exercicio de intrahistoria facendo un chamamento a valorar o esforzo e a dignidade dos antepasados que residiron en Galicia.

A base do espectáculo céntrase nas pezas tradicionais galegas, pero tamén en músicas do mundo, ofrecendo ás público atmosferas evocadoras e visuais.

Nelson Quinteiro estará acompañado por Álvaro Cardalda, acordeonista de Vilaxoán, e durante a montaxe realizará un percorrido por xéneros como a danza, a poesía ou a performance.