Nicky Jam, un dos artistas máis influentes da música urbana a nivel internacional, non se perderá o verán de Sanxenxo. Formará parte do festival Costa Feira.
Actuará no escenario do festival, no polígono industrial de Nantes, o luns 3 de agosto, segundo anunciaron este martes os seus promotores.
O artista, de pai portorriqueño e nai dominicana, presentará en Sanxenxo o seu novo disco, Bohemio, o terceiro nos últimos tres anos despois de Insomnio e Sunshine.
Nel, explora xéneros como a cumbia, a salsa e distintos ritmos latinos, fusionándoos con elementos urbanos e contemporáneos.
As cancións abordan temas como o amor, a perda, a superación, o arrepentimento e os novos comezos, reflectindo unha visión máis humana e vulnerable.
Nicky Jam comezou a cantar desde moi novo e, con só 14 anos, lanzou o seu primeiro EP, …Distinto a los demás, tras ser descuberto mentres traballaba nun supermercado.
Tras formar un dúo con Daddy Yankee, o seu despegamento artístico chegou en 2015 con El perdón, xunto a Enrique Iglesias, un éxito global que liderou listas en Europa e América e valeulle o Grammy Latino a mellor interpretación urbana.
Desde entón, encadeou éxitos, superado os miles de millóns de reproducións, consolidando a súa carreira como unha das grandes estrelas do panorama musical actual.
O concerto de Nicky Jam súmase aos anunciados previamente pola organización da Costa Feira, os de Rusowsky (15 de agosto) e Taburete (20 de agosto).
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.