Noite de xigantes: peluches, moscas e robots

Pontevedra
05 de agosto 2015

O festival Itineranta sorprendeu este martes os pontevedreses con tres propostas xigantes

Itineranta Mónica Patxot

O festival Itineranta sorprendeu este martes os pontevedreses con tres propostas xigantes.

A compañía Efimer sacou de paseo ao monicreque dun mono de cor laranxa de cinco metros de altura. O seu espectáculo "De peluche" percorreu as prazas de Méndez Núñez, A Leña e Peregrina.

As máis animadas foron as "Músico Moskas" do grupo Ka de Calle que fixeron ao público partícipe da súa charanga.

Dende a praza do Teucro, Pablo Méndez Performances presentou ao seu robots. O espectáculo "Cybernia" percorreu as prazas das Cinco Rúas, Méndez Núñez e Curros Enríquez.

MÉRCORES

A proposta de Itineranta para este mércores chega da man de Troula, Turutukupa, Tutatis e de novo Efimer.

Os primeiros, Troula, presentan a súa versión particular do "Hakuna Matata", que percorrerá a ruta entre o Teucro e Curros Enríquez a partir das 20.30 hora.

Pola súa banda, Efimer garda o seu peluche xigante e saca os "Traps", a partir das 21 horas na ruta entre praza de España, Peregrina e Curros Enríquez.

Os Turutukupa chegan cos seus "Rezicletas", a partir das 21.15 horas entre o Teucro e Curros Enríquez.

Finalmente Tutatis e "Osos do Pireneo" dende as 21.45 nun desfile entre praza de España e Curros Enríquez.