Noites musicais na semana da Festa das Dores

Ponte Caldelas
26 de agosto 2021

Mariachis, versións pop, música clásica, música tradicional e a Banda de Guerra da Brilat poñerán nota musical ás noites de venres a martes

Noites de Terraza en Ponte Caldelas
Noites de Terraza en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas intensifica a programación das Noites de Terraza nesta última fin de semana de agosto. Ás 21.30 horas deste venres está prevista a actuación dos Mariachis de Leonardo Flores na Alameda, mentres que o sábado será a quenda de Son das Tabernas e o domingo actuará Samudra Trío.

A música continuará o luns co festival Son de Ponte Caldelas e o martes concluirán os concertos coa actuación dela Banda de Guerra da Brilat ás 21.30 e de Jugones ás 22.30 horas.

Ademais, de sábado a martes ás 13.30 horas, haberá sesión vermú coas seguintes bandas de música: Banda de Música Cultural de Mondariz (sábado); Banda de Música Unión Musical de Tenorio (domingo); Banda de Música Cultural de Arcade ( luns) e Banda de Música Municipal de Redondela (martes).

Doutra banda, o Concello de Ponte Caldelas ofrece unha variada programación para o público infantil. Xoan Curiel, Caxoto Contacontos, Magín Blanco, Teatro Gazafelhos, Mamá Cabra, o Mago Paco e Títeres Cachirulo son os artistas que animarán os corazóns dos máis pequenos durante entre o 1 e o 10 de setembro con sesións nos lugares do rural de maior poboación infantil e tamén na Alameda.