Nova etapa para o coro do campus, que estrea directora e busca máis voces

Pontevedra
30 de outubro 2023

María Luisa Sánchez, fundadora do coro do IES A Xunqueira I e profesora de música neste instituto, será a partir de agora a nova directora do coro do campus de Pontevedra. Inicia así unha nova etapa na que a súa actividade seguirá sendo gratuíta e aberta a toda a cidadanía

Ensaio do coro do campus
Ensaio do coro do campus / Universidade de Vigo

María Luisa Sánchez, fundadora do coro do IES A Xunqueira I e profesora de música neste instituto, será a partir de agora a nova directora do coro do campus de Pontevedra.

Inicia así unha nova etapa na que a súa actividade seguirá sendo gratuíta e aberta a toda a cidadanía. Faino ademais co obxectivo de buscar novas voces. Os interesados poden inscribirse ata o próximo 9 de novembro a través do correo electrónico [email protected].

Cinco días despois, o 14 de novembro, as 17.00 horas, terá lugar unha proba previa para os inscritos, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

"Vaise facer unha pequena selección, simplemente para garantir un nivel mínimo que permita o normal desenvolvemento dos ensaios", explica o director de área adxunto á vicerreitoría do campus de Pontevedra, Luis Torres.

O coro quere seguir sendo, engadiu Torres, un "punto de encontro interxeracional" de toda a comunidade universitaria e da cidadanía en xeral.

De cara a este novo curso, o propósito desta agrupación é tratar novamente de conformar un repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais, traballando con pezas de diferentes épocas e estilos.

Ademais de participar nos diferentes actos da universidade, a formación buscará tamén "saír á rúa" e participar noutra serie de actuacións.