Nucha e Mucha traen a Sanxenxo o novo espectáculo cómico de As cantareiras de Ardebullo

Pontevedra
11 de novembro 2013

As entradas para ver ás irmás Nucha e Mucha xa están á venda por un prezo de 8 euros e tamén se poderán adquirir desde unha hora antes do comezo da representación a 10 euros

Mucha e Nucha, as dúas compoñentes de As cantareiras de Ardebullo
Mucha e Nucha, as dúas compoñentes de As cantareiras de Ardebullo

O Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán acollerá o domingo día 24 a actuación de As cantareiras de Ardebullo, que presentará o seu espectáculo en Sanxenxo a partir das 19.00 horas.

Este dúo cómico é coñecido en toda Galicia pola súa participación nos programas de televisión Luar e A Casa da Conexa, onde relatan as historias da súa remota aldea, Ardebullo, na que viven coas súas once irmás, a súa madriña e a súa nai, alcumada A Conexa.

Afeccionadas á música, a Nucha e Mucha lles gusta improvisar cancións para cantalas co público, nas que falan doutros veciños como o fornido Tomás ou o pai Nicanor, o cura da parroquia ao que queren "como a un pai". As Cantareiras de Ardebullo relatan así o día a día do que podería ser calquera aldea galega, utilizando un humor que definen como "hiperenxebre" e familiar e que fai que o seu espectáculo sexa garantía de festa.

As entradas para ver ás irmás Nucha e Mucha xa están á venda por un prezo de 8 euros e tamén se poderán adquirir desde unha hora antes do comezo da representación a 10 euros.