O 110 aniversario da Banda de Música conmemórase na Ferrería

Pontevedra
10 de xullo 2014

A exposición que conmemora os 110 anos da creación da Banda de Música de Pontevedra inaugurouse este xoves nos cubos da Ferraría cunha visita da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e o presidente da Banda, Diego Rosal

Inauguración da exposición do 110 aniversario da Banda de Música de Pontevedra
Inauguración da exposición do 110 aniversario da Banda de Música de Pontevedra / Mónica Patxot

A exposición que conmemora os 110 anos da creación da Banda de Música de Pontevedra inaugurouse este xoves nos cubos da Ferraría cunha visita da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e o presidente da Banda, Diego Rosal. A agrupación musical deu un pequeno concerto á beira dos paneis que recollen a súa historia.

O percorrido cronolóxico da exposición foi elaborado pola comisaria Nuria Barros Presas, musicóloga especialista en bandas de música galegas, e que ten estudiado a evolución destas formacións especialmente ao longo do século XX.

As fotografías que ocupan os cubos inferiores, complementáronse con frases de felicitación que máis de 30 persoeiros fixeron chegar á Banda para felicitala polo seu acontecemento.

Unha breve cronoloxía da agrupación musical, coas súas luces e sombras (períodos de desaparición), é a seguinte.

NACEMENTO DA BANDA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

  • 1904 - 1908: Primitivo Sánchez Quilez
  • 1908 - 1910: Damián López

 

DESENVOLVEMENTO E AFIANZAMENTO

  • 1911 - 1915: José Carreras Grimaud
  • 1915 - 1922: Hilario Courtier Quintáns
  • 1922 - 1934: Adolfo Campos

 

TEMPOS CONVULSOS

  • 1934 - 1936: Faustino Temes Diéguez (interino).
  • 1936 - 1937: Antonio Refojo Blanco / Rubén Albar
  • Abril, 1937: Disolución.
  • 1938 - 1951: Banda de Falanxe Española Tradicionalista e das JONS: Félix de Andrés Galilea (interino), Luis Aparicio Sancho, Jesús Pérez Rivas.
  • 1951: Desligamento Banda da Xefatura Provincial de Falanxe;

 

INESTABILIDADE

  • 1951-1958: Intentos de reorganización. Inactividade.
  • 1959 - 1965: Juan Moldes Touza
  • 1966 - 1978: Intentos de reorganización. Inactividade.

 

REXURDIR DA BANDA DE MÿSICA DE PONTEVEDRA

  • 1979 - 2003: Antonio Moldes Ferro

 

ACTUALIDADE

  • 2003: José Padín
  • 2003 - 2005: Rafael Torres Míguez (director en funcións).
  • 2005 - 2008: Javier Viceiro-Filgueira
  • 2008: José Varela (director en funcións).
  • 2009 - actualidade: Juan Lois Diéguez