O 28 de decembro volve a Pontevedra o Galicia Magic Fest

Pontevedra
14 de decembro 2021

O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá a V edición da Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest.  Este espectáculo de maxia poderase ver o 28 de decembro, con dúas funcións ás 17.30 e ás 20.30 horas

O mago Pedro Volta en Pontevedra
O mago Pedro Volta en Pontevedra / Mónica Patxot

O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá a V edición da Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest. 

Este espectáculo de maxia poderase ver o 28 de decembro, con dúas funcións ás 17.30 e ás 20.30 horas.

A organización destaca que o regreso deste espectáculo trae a Pontevedra a "algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo". 

Durante unha hora e cuarto os asistentes poderán ver en directo os números máis impactantes e sorprendentes da arte da maxia. Como cada ano o ilusionista pontevedrés Pedro Volta presenta, dirixe e produce este espectáculo único.

Nesta nova edición os artistas invitados serán Celia Muñoz, Charlie Mag, Arkadio, Solanges Kardinale, Henry Evans e o propio Pedro Volta.