O Café Moderno exhibe a premiada colección fotográfica de Alfonso Almendros

Pontevedra
26 de agosto 2019

O fotógrafo inspirouse na obra do paisaxista Albert Bierdstadt para confeccionar a súa propia mostra, coa que gañou o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Exposición 'Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló' en el Café Moderno
Exposición 'Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló' en el Café Moderno / Mónica Patxot

A colección fotográfica To name a mountain, de Alfonso Almendros, estará exposta no Café Moderno Afundación de Pontevedra desde o 4 ao 28 de setembro. 

A mostra, gañadora do V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, parte da viaxe que emprendeu o pintor de paisaxes Albert Bierdstadt en 1863 a través das montañas rochosas acompañado polo escritor Fitz Hugh Ludlow. O paisaxista realizou varios bosquexos, que logo transformou en cadros, e tomou notas para logo escribir un libro.

Almendros aprópiase da súa historia e imaxes para falarnos da súa propia a través de pasaxes da historia da fotografía e con recursos plásticos que renden homenaxe ao medio, demostrando a súa paixón pola natureza e as instantáneas.