O Centro Cultural Xaime Illa celebra o seu décimo aniversario

Poio
24 de agosto 2020

Durante o acto, o rexedor Luciano Sobral fixo entrega dun obsequio á artista Neves Seara, que expón Transitar a Ruína ata o 25 de setembro nas instalacións de Raxó

Acto de celebración do X aniversario do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó
Acto de celebración do X aniversario do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó / Concello de Poio

O Centro Cultural Xaime Illa da parroquia de Raxó, no municipio de Poio, celebraba esta fin de semana un acto conmemorativo con motivo do seu décimo aniversario. 

O alcalde Luciano Sobral e Raquel Rodríguez, a concelleira de Cultura, participaron neste evento no que destacaron a importancia que estas instalacións teñen na actividade desta zona de poboación local ofrecendo diferentes alternativas culturais e de lecer para os diversos colectivos.

Ademais, o rexedor entregaba un obsequio á artista Neves Seara, que expón nas instalacións ata o 25 de setembro unha mostra que leva por título 'Transitar a Ruína'.

Tamén se entregaba un agasallo a Adrián Besada, un mozo residente que gañaba o  Certame literario Xaime Illa e que leu varios poemas durante o acto. Por último, o grupo de  Jezz Trío pechaba coa súa música esta celebración á que asistían diversos representantes das agrupacións da zona e que gardaron as distancias de seguridade e os protocolos sanitarios.