O ciclo de cine euroárabe 'Amal en Ruta Pontevedra 2023' baixará o pano este venres 8 de setembro cunha última proxección de ficción, 'You resemble me'.
A proxección será a partir das 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.
Dirixida por Dina Amer, directora, produtora e xornalista estadounidense de orixe exipcio, a cita fala dos conflitos identitarios na pel dunha moza nos suburbios de París, Hasna Aït Boulahcen.
A película conta a historia desta moza criada nos suburbios de París cunha vida marcada polos abusos, a pobreza e a marxinación. Unha espiral de autodestrución que acabaría desembocando nun dos episodios máis dolorosos da historia recente de Francia.
'You Resemble Me' estreouse no 78 Festival Internacional de Cine de Venecia.