'As harmonías Werckmeister', unha película do ano 2000, pechará as sesións do Cineclube Pontevedra neste 2022.
A proxección do filme húngaro está prevista para o martes 20 de decembro ás 20.30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.
Esta obra dos cineastas Béla Tarr e Ágnes Hranitzky proxectarase en versión orixinal subtitulada. A historia narra a monótona vida nunha pequena e fría vila de provincias húngaras que se ve alterada pola chegada dunha compañía ambulante que promete exhibir a balea máis grande do mundo.
Esta situación marcada pola presenza dun misterioso príncipe provoca o desasosego entre a poboación, caracterizada pola superstición e o seu escaso criterio para evitar a manipulación.
Este traballo foi candidato en 2021 ao mellor filme estranxeiro nos premios que otorga a Asociación de Críticos de Chicago.
O Cineclube Pontevedra lembra a todas as persoas interesadas en facerse socias desta entidade, que poden rexistrarse antes de cada sesión no Teatro Principal ou enchendo o formulario da súa páxina web.