O cinema de verán chega a Marín a partir do próximo venres

Marín
06 de agosto 2020

O ciclo componse de tres proxeccións e unha actuación musical ao redor dunha banda sonora. Ofreceranse no Parque Eguren ás 22.30 horas

Beatriz Rodríguez, concejal de Cultura en Marín
Beatriz Rodríguez, concejal de Cultura en Marín / Concello de Marín

O anunciado cinema de verán polo Concello de Marín chega ás veladas da cidade a partir do próximo venres 7 de agosto. Trátase dunha das propostas que se inclúen no plan de dinamización cultural coas que se pretende tamén dinamizar o comercio local.

Dados os condicionantes actuais, óptase por un lecer de pequeno formato que poida ofrecerse de forma segura. Por iso estas sesións contarán con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para os seus asistentes, que terán aforo limitado.

A primeira das proxeccións deste ciclo de cinema ao aire libre é 'Yesterday'. A seguinte exhibición será o venres 21, coa película 'Bohemian rhapsody' e completarase o mes de agosto coa proxección de 'Spider Man: lonxe de casa' o sábado 29. 

Todas as sesións serán o Parque Eguren e comezarán ás 22.30 horas. Para o mes de setembro, o sábado día 5, previuse unha actuación musical cuxo repertorio virará ao redor da banda sonora da película ' Nosferatu'.