O CITA reabrirá este martes con limitación de aforo

Pontevedra
01 de xuño 2020

Tras a suspensión do contrato coa empresa Eulen, atendendo ás restricións do estado de alarma que non permitían abrir a público este espazo museográfico, o servizo reanudarase nas mesmas condicións pero con cambios no seu funcionamento

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)
Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) xa ten data para a súa reapertura tras o estado de alarma. Será este mesmo martes 2 de xuño, segundo avanzou o Concello.

Tras a suspensión do contrato coa empresa Eulen, atendendo ás restricións do estado de alarma que non permitían abrir a público este espazo museográfico, o servizo reanudarase nas mesmas condicións pero con cambios no seu funcionamento.

As persoas que desexen visitar este espazo poderán achegarse directamente ou ben solicitar cita previa no teléfono 986 09 06 77.

En todo caso, as visitas estarán suxeitas á limitación de aforo e non se permitirán visitas en grupo.

A apertura realizarase atendendo a todas as medidas esixidas en materia de seguridade, como a distancia entre visitantes e traballadores, desinfección de espazos e posta a disposición do público de dispensadores de xel hidroalcólico.