O colexio do Carballal recolle un premio da Real Academia Galega

Marín
25 de outubro 2017

Unha representación da comunidade educativa do CEIP do Carballal de Marín, acudiu este martes á Real Academia Galega para recibir un recoñecemento polo seu traballo premiado no certame "Contádenos o voso Día das Letras" que se atopa pendurado na web "Primavera das Letras"

A comunidade educativa do CEIP Do Carballal na Real Academia Galega
A comunidade educativa do CEIP Do Carballal na Real Academia Galega /

Unha representación da comunidade educativa do CEIP do Carballal de Marín acudiu este martes á Real Academia Galega para recibir un recoñecemento polo seu traballo premiado no certame "Contádenos o voso Día das Letras" que se atopa pendurado na web "Primavera das Letras".

O traballo presentado consistiu na elaboración dun videoclip a partires dunha canción orixinal a ritmo de reggaetón baseada no poema "Amemos" de Carlos Casares.

No acto estiveron multitude de membros da RAG como o seu director, Víctor Freixanes, ou a súa arquiveira, Fina Casalderrey, que fixo de mestra de cerimonias do acto, que se desenvolveu na sala dos académicos.

A rapazada recibiu, xunto a outros catro colexios, unha biblioteca completa de Carlos Casares e algúns libros dos Bolechas e María Victoria Moreno grazas á colaboración das editoriais Bolanda e Galaxia.

A saída incluíu unha visita guiada pola biblioteca, onde recibiron unha explicación sobre o traballo desenvolvido. Visitaron tamén a casa-museo de Emilia Pardo Bazán. Antes, o alumnado de Carballal foi entrevistado pola Radio Galega e deron a súa visión sobre a creación do video e o acto que ían vivir.

A RAG volcouse e preparou un acto moi adaptado aos escolares.