O Concello renova o seu compromiso coa Asociación músico cultural San Martiño de Salcedo

Pontevedra
18 de abril 2013

A asociación promoverá actuacións na cidade e divulgará a súa labor formativa a través da Banda de música, da banda xuvenil, a Escola de Música e a Coral San Martiño. Esta colaboración permite, tamén, a continuidade das súas actividades como forma de manifestación artística claramente vencellada e arraigada ao longo do tempo á realidade da cultura pontevedresa

Sinatura do convenio entre o Concello de Pontevedra e a Asociación músico cultural San Martiño de Salcedo
Sinatura do convenio entre o Concello de Pontevedra e a Asociación músico cultural San Martiño de Salcedo / PontevedraViva

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, asinou este xoves o habitual convenio de colaboración coa Asociación músico-cultural San Martiño de Salcedo para fomento e sostemento das actividades musicais e culturais que desenvolve a asociación durante este ano. O Concello fai unha achega de máis de 25.000 euros.

Para esto, a asociación promoverá actuacións na cidade e divulgará a súa labor formativa a través da Banda de música, da banda xuvenil, a Escola de Música e a Coral San Martiño.

Esta colaboración permite, tamén, a continuidade das actividades da Banda de Música e das súas outras entidades como forma de manifestación artística claramente vencellada e arraigada ao longo do tempo á realidade da cultura pontevedresa e, por outro lado, propiciar o achegamento da cultura musical ao groso da poboación.

Neste convenio, están enmarcados dez concertos que a asociación ofrece á cidadanía durante todo o ano:

  • Cabalgata de Reis (5 xaneiro)
  • Concerto de Primavera (6 abril)
  • Actuación do Día das Letras Galegas (17 de maio)
  • Concerto Ciclo de Bandas (13 xullo)
  • Concerto Man a Man (12 agosto)
  • Concerto de Santa María (15 agosto)
  • Concerto na Praza de José Martí o día de San Bartolomeu (23 agosto)
  • Actuación na xuntanza anual "Amigos de Campolongo" (30 agosto)
  • Concerto de Gala (21 setembro)
  • Concerto de Outono (26 outubro)