O Cuarteto Diógenes ofrecerá en Pontevedra obras de Mozart, Shostakovich e Beethoven

Pontevedra
18 de novembro 2018

Organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o vindeiro xoves 22, ás 20:30 horas, terá lugar no Teatro Principal un concerto que estará a cargo do Cuarteto Diógenes

Cuarteto Diógenes Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o vindeiro xoves 22, ás 20:30 horas, terá lugar no Teatro Principal un concerto que estará a cargo do Cuarteto Diógenes.

A partir da súa fundación, en 1998, este grupo de corda, de orixe alemá, desenvolveu unha carreira artística fulgurante, actuando en escenarios de Alemaña, Francia, Grecia, Gran Bretaña, Italia, Austria e Suíza, en salas de concerto de gran renome, como a Filarmónica de Colonia, e en festivais de música clásica como o Festival Mozart de Wurzburg, a Semana Europea de Passau e o Festival de Radio France en Montpellier.

O estilo persoal do Cuarteto Diógenes nútrese do traballo con membros doutras formacións de renome, como o Cuarteto Amadeus e o Cuarteto La Salle, así como do enriquecedor camiño percorrido nestes case vinte anos de actividade profesional.

Contan cunha importante produción discográfica para diversos selos como Brilliant Classics e CPO. Son en total 12 CDs que afondan na obra completa para cuarteto de corda de Franz Schubert e Max Bruch, así como tamén en composicións de Friedrich Ernst Fesca, Engelbert Humperdinck e George Onslow. A súa última gravación, o Sexteto de Corda op.118 de Max Reger, foi recentemente editada en DVD pola compañía inglesa Fuxa State Films como parte do documental "Maximum Reger".

A formación desenvolve tamén un importante labor no campo do ensino e a pedagoxía musical. Ademais de impartir cursos destinados a novos grupos de cámara, tamén levan a cabo concertos didácticos para os máis pequenos e concertos-coloquio destinados a todo tipo de público.

O Cuarteto Diógenes ofrecerá en Pontevedra obras de Mozart, Shostakovich e Beethoven.