O dúo Bala faise un oco entre os nomeamentos aos Premios da Música Independente

Pontevedra
21 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Tanxugueiras, Baiuca e Fillas de Cassandra son artistas da provincia de Pontevedra que tamén se posicionan a lograr varios galardóns

Bala
Bala / Leo López / SonRías Baixas

Bala, o dúo de punk rock que conforman Violeta Mosquera e Anxela Baltar chegaron aos nomeamentos finais para a presente edición dos Premios da Música Independente, os Premios MIN. Más dun milleiro de artistas e grupos presentáronse á edición de 2024 entre as 22 categorías que inclúen estes galardóns. A gala de entrega de premios será nesta ocasión o próximo 17 de abril en Zaragoza.

Bala están nomeadas ao Mellor Videoclip do ano con 'Prisas', un dos sinxelos publicados o pasado 2023. Das cinco propostas que concorren en cada categoría e neste caso concreto de Mellor Videoclip, outros dous nomeamentos corresponden a artistas da provincia de Pontevedra: as viguesas Fillas de Cassandra con 'Varre vasoira' e Tanxugueiras co videoclip 'Aire', un audiovisual que ademais tamén leva firma pontevedresa, a dos marinenses Trece Amarillo en coprodución con PlayPlan.

Tanxugueiras ademais aparecen nomeadas á Mellor Canción do Ano con 'Hoxe, mañá e sempre' á Mellor Produción Musical, de Valeria Castro e Iago Pico (Pouland Studios) e Mellor Letra Orixinal para o tema 'As que tiñan que estar'. Pola súa banda Fillas de Cassandra tamén acaparan nomeamentos a Mellor Artista Emerxente con 'Acrópole', Mellor Álbum de Música de Raíz e Mellor Álbum en Gallego. Outro dos nomes procedentes desta provincia e que opta a máis dun premio é o catoirés Baiuca, quen xunto a Alba Reche opta a Mellor Canción do Ano con 'Diamante', Mellor Gravación de Electrónica e Mellor Produción Musical

Ampliando o foco, a escena musical galega independente aglutina varios nomeamentos cos nomes de Xoel López, Grande Amore, Carlangas,The Rapants, Boyanka Kostova, Caamaño & Ameixeiras, Triángulo de Amor Bizarro, Ortiga e Grande Amore