O Fest 2014 xa ten finalistas tras seleccionar 8 das 26 bandas participantes

Pontevedra
23 de marzo 2014

O xurado seleccionou a oito agrupacións musicais de Pontevedra para que actúen no Teatro Principal de Pontevedra o próximo sábado 5 de abril. Ao gañador custearáselle a gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual

Reunión do xurado do Local Fest 2014
Reunión do xurado do Local Fest 2014 / Diego Torrado

O Local Fest xa ten finalistas na súa terceira edición, despois de que o xurado decidise a selección entre as 26 agrupacións musicais presentadas.

Desta forma as bandas que actuarán no Teatro Principal o próximo sábado 5 de abril son:

  • Atlántica
  • De buena tinta
  • El grito chino amenaza los continentes
  • Juan Pablo Charlo
  • La 4pared
  • Test Hammer
  • Visceral Eyes
  • Voltage

 

Todas elas, por alcanzar a condición de finalista, recibirán un programa formativo de orientación do seu proxecto musical e 'coaching', e xogaranse os dous premios principais, a gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual (por valor de 1.000 euros) e unha actuación remunerada na cidade na festa final de Noites Abertas, premio este último que se outorgará sobre a base das votacións do público asistente á gala.

O festival, organizado polo Local de Ensaio de Pontevedra e que se pechará coa actuación dun grupo invitado, pretende promover a escena musical emerxente da cidade.

Segundo explicou o xurado, a selección dos oito finalistas "foi dura debido á calidade e ao esforzo que se amosou en todos e cada un dos proxectos que se presentaron as bandas locais".