A primeira fin de semana do Festival das Núbebes resultou un éxito de asistencia, con todas as entradas aos espectáculos programados esgotadas mesmo nos pases dobres. Tamén a nivel organizativo, sen colas nin aglomeracións e xerando un ambiente de seguridade.
A situación sanitaria permitira uns días antes do comezo do festival a ampliación nos aforos, polo que as compañías teatrais tamén celebraron esta circunstancia que posibilitou recibir a un maior número de persoas. " Non tiveramos tanto público dende antes da pandemia", manifestaban.
Queda aínda esta fin de semana para completar o festival, que virá cargada de música, teatro e narración oral da man, o sábado 25, de Rilo e Penadique e, o domingo 26, de Cé Orquestra Pantasma.
Ambos espectáculos contarán con pase dobre e teñen xa á venda exclusivamente online as súas entradas en www.ataquilla.com. O custo é de 3 euros. Desde a organización lémbrase que é preciso que todos os membros da familia, incluídos os bebés, teñan a súa entrada para controlar número de asistentes.
PROGRAMACIÓN 2ª FIN DE SEMANA
— Sábado 25 de setembro - 12.00 h e 18.00 h
Narración oral e música | De 0 a 3 anos. Espectáculo de narración oral e música co que imos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres!.
— Domingo 26 de setembro - 12.00 h e 18.00 h
A Voar de Cé Orquestra Pantasma
Concerto | Público familiar. Espectáculo divertido, dinámico e participativo baseado no conto da xoaniña Xoana, un canto ás necesidades de liberdade, movemento e xogo libre dos nenos e nenas.