O Festival de Jazz de Pontevedra regresará á Ferrería do 20 ao 24 de xullo

Pontevedra
14 de xuño 2022

Despois de dous anos de ausencia, como consecuencia da pandemia da covid-19, Pontevedra recuperará este verán unha das citas máis aclamadas da súa programación cultural. O próximo mes de xullo volverá o Festival Internacional de Jazz e Blues. Así o adiantan os seus organizadores nas súas redes sociais

Actuación de Mr. River no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Actuación de Mr. River no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra / Cristina Saiz

Despois de dous anos de ausencia, como consecuencia da pandemia da covid-19, Pontevedra recuperará este verán unha das citas máis aclamadas da súa programación cultural. O próximo mes de xullo volverá o Festival Internacional de Jazz e Blues.

Así o adiantan os seus organizadores nas súas redes sociais. Confirman que o festival formará parte das Festas de Verán de Pontevedra, entre os días 20 e 24 de xullo, e reclamando o seu espazo máis emblemático, a Praza da Ferrería.

O Festival de Jazz de Pontevedra, que chegará a súa vixésimo novena edición, promete reunir de novo a grandes artistas nacionais e internacionais, que ofrecerán concertos ao aire libre e de xeito totalmente gratuíto.

O cartel da edición deste ano, segundo avanzan os seus responsables, coñecerase moi pronto.

En 2019, o último ano que puido celebrarse con normalidade, Judith Hill, Joey de Francisco, José James, Mr. River, Álvaro del Valle e Gabriel Peso foron as actuacións programadas. 

Durante a pandemia, o jazz seguiu presente na programación festiva de Pontevedra pero cun ciclo de concertos en pequeno formato que trouxo á cidade a Adrián Solla, Miguel Lamas, Xosé Outón, Rosolino Marinello, Iago Fernández, Terela Grandín ou Xan Campos.