O Festival SonRías Baixas celebra a súa volta á normalidade

Bueu
05 de agosto 2022

A 19º edición do festival musical levantou o pano este xoves en Bueu esquecidas as restricións que limitaron a súa actividade os últimos anos  

Primeira xornada do Festival SonRías Baixas 2022
Primeira xornada do Festival SonRías Baixas 2022 / Rocío Cibes / Festival SonRías Baixas

Por fin. A 19ª edición do Festival SonRías Baixas levantou o pano este xoves esquecidas as restricións que limitaron a súa actividade os últimos anos.

Así, con moitas ganas de música e de diversión, o recinto do festival vibrou nunha primeira xornada que abriu unha poderosa JazzWoman.

Ademais no primeiro día do SonRías participaron Maurino, un dos pratos fortes da presente edición como Rels B ou Delaporte, ademais de Sofía Gabana e as sesións dj de Cool Nenas.

Tratábase en todo caso dunha primeira toma de contacto cun festival que este venres vivirá un dos momentos máis esperados co concerto de Kase.O, que ofrecerá en Bueu o seu último concerto do verán en Galicia antes da súa retirada dos escenarios compartindo ademais cartel coa enerxía de Rayden.

Os horarios desta venres 5 de agosto no Festival Sorrías Baixas son:

  • 19.00 horas. Apertura de portas
  • 20.00 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Bala
  • 21.00 horas. Escenario Turismo Rías Baixas | García Mc & Nación Quilombo
  • 22.00 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Kase.O JazzMagnetism
  • 23.30 horas. Escenario Turismo Rías Baixas | Ciudad Jara
  • 00.40 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Rayden
  • 02.00 horas. Escenario Turismo Rías Baixas | Emlan
  • 02.50 horas. Escenario Xacobeo 21-22 | Buhos