O Festival SonRías Baixas confirma a súa continuidade en 2019

Bueu
23 de agosto 2018

A XVII edición do festival musical celebrarase en Bueu os días 1, 2 e 3 de agosto, segundo confirmou a organización, que ademais publicou un vídeo oficial de resumo do SonRías Baixas 2018

Festival SonRías Baixas 2018 en Bueu
Festival SonRías Baixas 2018 en Bueu / Óscar Corral / Festival SonRías Baixas

Bueu seguirá contando en 2019 co Festival SonRías Baixas, unha cita que por méritos propios converteuse en imprescindible dentro da súa programación anual.

A organización do evento confirmou a data para a que será a súa XVII edición, e que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto do próximo ano.

Na recente edición, o SonRías Baixas congregou en Bueu preto de 22.000 persoas para gozar dunha fin de semana de música, gastronomía e praia.

Ademais de confirmar a data para 2019, a organización publicou o vídeo oficial do SonRías 2018.