O grupo pontevedrés 'De Buena Tinta' presenta cunha festa o videoclip 'Buaghira'

Pontevedra
20 de novembro 2014

O video profesional é a recompensa tras gañar o premio do xurado no Fest 2014 do Local de Música. O grupo prepara un traballo discográfico que sairá á luz en 2015

O grupo pontevedrés De Buena Tinta xunto ao concelleiro Demetrio Gómez
O grupo pontevedrés De Buena Tinta xunto ao concelleiro Demetrio Gómez / Diego Torrado

Era a recompensa tras gañar o premio do xurado do Fest 2014, do Local de Música, e converteuse agora nun adianto do seu novo traballo.

O grupo pontevedrés De Buena Tinta presentará este venres 21 de novembro o seu videoclip 'Buaghira' ás 21:30 horas no Pub Extravaganza, na rúa Charino.

Trátase dun vídeo profesional dirixido polo fotógrafo Juan-L ACC rodado integramente na cidade de Lérez.

De Buena Tinta formouse hai cinco anos e tras varios sen novo material "ahora mismo estamos trabajando en un disco pensando en sacarlo a principio de 2015", recoñecen os músicos.

Trátase de "volver a los conciertos", algo ao que axuda un "videoclip que es la promo de todo esto", sinalan.