O humor xestual de Tricicle triunfa en Pontevedra con "Bits"

Pontevedra
16 de marzo 2016

Tricicle demostrou unha vez máis o seu idilio co público. Pontevedra rendeuse ao humor do trio catalán que onte á noite estreou na cidade do Lérez o espectáculo Bits. Foi nunha sesión que se celebrou no auditorio de Afundación e que, debido ao interese que xerou, repetirase tamén este mércores no mesmo escenario

Representación en Pontevedra do espectáculo "Bits" de Tricicle
Representación en Pontevedra do espectáculo "Bits" de Tricicle / Diego Torrado

Tricicle demostrou unha vez máis o seu idilio co público. Pontevedra rendeuse ao humor do trio catalán que onte á noite estreou na cidade do Lérez o espectáculo Bits. Foi nunha sesión que se celebrou no auditorio de Afundación e que, debido ao interese que xerou, repetirase tamén este mércores no mesmo escenario.

Bits é a oitava obra do trío Tricicle, un grupo de teatro gestual, no que o humor é a base fundamental de todos os seus espectáculos.

Nela, os cataláns presentan un escenario dixital repleto de bits, as unidades mínimas de información. Así durante a representación os cómicos poden cambiar de sketch, de personaxe e de decorado cando o ven máis oportuno, creando desta maneira un show dinámico e sobre todo moi divertido.

A obra provocou as gargalladas do público pontevedrés que gozou co primeiro pase deste espectáculo.

Ademais de Pontevedra, Tricicle actuará no Teatro Afundación de Vigo o venres 18 ás 20:30 horas e o sábado 19 en dous pases, un ás 18:00 horas e outro ás 20:30 horas