O Liceo Casino rivaliza con Instagram cunha exposición de fotografía móbil colectiva

Pontevedra
04 de abril 2014

O Liceo Casino de Pontevedra acolle do 5 ao 20 de abril unha exposición colectiva realizada por sete mulleres, nas que coinciden a súa paixón pola fotografía e o uso do teléfono móbil como ferramenta para o desenvolvemento da creatividade e a posta en escena de sete proxectos persoais diferentes

"Vivo sola"
"Vivo sola"

O Liceo Casino de Pontevedra acolle do 5 ao 20 de abril unha exposición colectiva realizada por sete mulleres, nas que coinciden a súa paixón pola fotografía e o uso do teléfono móbil como ferramenta para o desenvolvemento da creatividade e a posta en escena de sete proxectos persoais diferentes.

Aínda que pretende mostrar estes sete traballos utilizando como dispositivo o teléfono móbil, a forma expositiva é de formato clásico.

O vello inmoble da rúa Manuel Quiroga rivalizará deste modo coa rede de Instagram nunha demostración de que hai vida máis alá do wifi e do 3 G, aloxando unha mostra de fotografía móbil en lugares tradicionais, lonxe dunha pantalliña.

As participantes son Alba Sotelo, Ana Freco, Ana Rello, Cristina Brea, Paula Pez, Raquel Calviño e Rita Ibarretxe.