O Museo convida a coñecer online as Ruínas de San Domingos, o seu edificio máis antigo

Pontevedra
14 de setembro 2020

José Luis Ageitos Míguez, integrante do departamento de Educación da institución museística é o encargado de falar sobre aspectos da historia deste espazo tan querido e visitado no centro urbano 

José Luis Ageitos explica as Ruínas de San Domingos
José Luis Ageitos explica as Ruínas de San Domingos / Museo de Pontevedra - Deputación de Pontevedra

Este luns a sección a #aportapechada do Museo de Pontevedra ofrece nas redes sociais unha explicación sobre as Ruínas de San Domingos

José Luis Ageitos Míguez, integrante do departamento de Educación da institución museística é o encargado de falar sobre aspectos da historia deste espazo tan querido e visitado no centro urbano e que se trata do edificio máis antigo dos seis que forman parte dos inmobles do Museo de Pontevedra.

O antigo convento da orde dos Dominicos que contaba cunha igrexa e cun convento coas características da arquitectura mendicante do gótico en Galicia. A estrutura da igrexa presenta cinco capelas, algo único en todo o territorio da comunidade, porque normalmente só construíanse tres ou unha.

A finais do século  XVIII, os  dominicos comezaron un proceso para reconstruír a arquitectura da igrexa co derrube da nave gótica para crear outra de estilo neoclásico. Pero estas obras tiveron que suspenderse en 1836 pola desamortización de Mendizábal, que provocou a marcha dos dominicos.