O Museo de Pontevedra expón por primeira vez a obra do Grupo Eixo

Pontevedra
27 de novembro 2014

O Grupo Eixo, que nos anos 80 do pasado século reuniu a pintores pontevedreses co obxectivo de traballar xuntos para dar a coñecer por toda España a arte que se facía en Pontevedra, revive estes días no Museo de Pontevedra coa mostra De onte a hoxe: Catro pintores en Pontevedra, que recolle 60 obras de catro membros deste grupo

Presentación da exposición do Grupo Eixo
Presentación da exposición do Grupo Eixo / Deputación de Pontevedra

O Grupo Eixo, que nos anos 80 do pasado século reuniu a pintores pontevedreses co obxectivo de traballar xuntos para dar a coñecer por toda España a arte que se facía en Pontevedra, revive estes días no Museo de Pontevedra coa mostra De onte a hoxe: Catro pintores en Pontevedra, que recolle 60 obras de catro membros deste grupo.

Se trata da primeira vez que o Museo de Pontevedra acolle a obra destes pintores pontevedreses, que retrataron Galicia inspirados no amor á terra, aos seus costumes e cunha gran paixón pola pintura.

Cumpre así o Museo un labor didáctico pero tamén divulgativo, dando a coñecer a obra de cuatro artistas que crearon e se inspiraron en Pontevedra e que, ademais, puxeron todo o seu empeño e ilusión en difundir fóra de Galicia a arte nacida aquí.

"Unha pintura que é verdade, unha pintura con mensaxe"

En palabras do comisario da mostra, José Curt, é "unha pintura que é verdade, unha pintura con mensaxe".

Así, tal e como sinala o comisario da mostra, a obra de Rogelio Lorenzo Rodríguez (nacido en Salvaterra de Miño en 1921 e falecido en Pontevedra, 2003) é ⿿unha pintura romántica, costumista, amable, histórica⿝, na que se reflicten as costumes e oficios da Galicia agraria e mariñeira.

Benito Martínez Vázquez, nacido en Bora en 1925 e falecido en Castelló de la Plana en 1998, ten como eixe central da súa obra o retrato, a imaxe expresiva das ⿿aquelas viúvas de vivos que lle doían a Rosalía⿝.

Arturo Cifuentes Pérez (Ávila, 1934) puxo a súa mirada na natureza viva de Galicia, na súa paisaxe, ao igual que Ricardo Ferreiro Silva, (Dozón, 1952), pero desde perspectivas diferentes. Mentres que Cifuentes o fai desde a visión xeral, Ferreiro céntrase máis no detalle.