O Museo Manuel Torres estrea imaxe

Marín
19 de novembro 2021

Despois de máis de tres décadas de funcionamento, o Museo Municipal de Marín conta con nova imaxe. O edificio someteuse a unha rehabilitación que consistiu na súa modernización para así aproveitarse con novos usos e actividades complementarias que poidan poñer en valor a figura do pintor Manuel Torres  

Estrea da nova imaxe do Museo Manuel Torres de Marín
Estrea da nova imaxe do Museo Manuel Torres de Marín / Concello de Marín

Despois de máis de tres décadas de funcionamento, o Museo Municipal de Marín conta con nova imaxe. O edificio someteuse a unha rehabilitación que consistiu na súa modernización para así aproveitarse con novos usos e actividades complementarias que poidan poñer en valor a figura do pintor Manuel Torres.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitaron o Museo con motivo da inauguración, onde Rodríguez destacou este "proceso de modernización" que honra a memoria do pintor Manuel Torres, ao tempo que celebrou a importancia do acordo firmado entre a Xunta e o Concello para levar adiante proxectos "ao servizo dos cidadáns e da cultura".

As obras de mellora consistiron na creación dunha nova identidade gráfica, o pintado xeral do interior, a renovación de servizos eléctricos e a instalación de nova iluminación no salón de actos, o redeseño da fachada exterior e a colocación de nova rotulación, a intervención estética nas escaleiras con vinilo, a dotación de paredes móbiles para crear un espazo polivalente orientado a exposicións, a apertura de ocos de luz natural e ventilación, o forrado da tarima e a instalación dunha traseira de escenario panelada en madeira e a adquisición de novo mobiliario para a sala central.