O músico pontevedrés Ángel Paz presenta o seu novo videoclip 'Cicatrices'

Pontevedra
02 de novembro 2019

A canción narra unha historia real de maltrato psicolóxico. O vídeo está protagonizado pola bailarina nana Rivadulla e polo grupo de baile Aqvelarre

Fotograma do videoclip 'Cicatrices', de Ángel Paz
Fotograma do videoclip 'Cicatrices', de Ángel Paz / Ángel Paz

O músico pontevedrés Ángel Paz presenta un novo videoclip do seu tema 'Cicatrices'. Este traballo está protagonizado pola bailarina Nana Rivadulla e polo grupo de baile Aqvelarre.

A canción describe unha historia real na que se producía maltrato psicolóxico. Esa situación de abuso rematou por provocar na muller a enfermidade da fibromialxia.

Ángel Paz quere con este traballo poñer de relieve situacións que non se denuncian nas que as mulleres sofren situacións de desigualdade en silencio.

O vídeo está elaborado por Pablo Lubiáns e producido por Ángel Caramés. Pode verse neste enlace de Youtube: https://youtu.be/7SB5miY3s4M