O Pazo 'absorberá' a actividade cultural do Principal durante as obras de reforma

Pontevedra
16 de outubro 2020

A actividade cultural de Pontevedra "non se resentirá" durante o peche previsto, aínda sen data, do Teatro Principal para acometer obras de reforma. Así o asegurou a edil de Cultura, Carmen Fouces, durante a presentación da programación para os próximos meses

Carmen Fouces, concelleira de Cultura
Carmen Fouces, concelleira de Cultura / Mónica Patxot

A actividade cultural de Pontevedra "non se resentirá" durante o peche previsto, aínda sen data, do Teatro Principal para acometer obras de reforma. Así o asegurou a edil de Cultura, Carmen Fouces, durante a presentación da programación para os próximos meses.

A rehabilitación do Principal, segundo Fouces, permitirá dar un "novo impulso" á súa actividade, ao contar cunhas instalacións mellores e poder aproveitar novos espazos.

As obras comezarán "en breve", recoñeceu a responsable municipal de Cultura, e centraranse principalmente na platea do teatro e na instalación dun moderno sistema de iluminación.

Ademais, prevese mellorar a accesibilidade de todas as plantas, para o que se instalará na entrada un ascensor panorámico, e avanzarase en materia de eficiencia enerxética.

"Queremos que o teatro luzca todo ou ben que merece a cidade", explicou a edil.

Esta será unha "primeira fase" da rehabilitación prevista no Principal e xa se está traballando no proxecto para ampliar esta actuación, na medida da dispoñibilidade das arcas municipais para sufragar estas obras.

O Principal, engadiu Fouces, "seguirémolo usando ata que comecemos as obras" cando, por motivos de seguridade, a programación cultural se concentre no Pazo da Cultura.