O poeta Eduardo Víctor Castro presenta o seu libro Retellando

Marín
16 de maio 2013

O salón de actos do instituto Illa de Tambo de Marín acolleu a presentación da antoloxía poética, Retellando, do poeta Eduardo Víctor Castro López

Eduardo Víctor Castro presentou a segunda recompilación dos seus traballos poéticos. Baixo o título Retellando, o que foi durante catro décadas profesor do instituto Illa de Tambo, recolle as súas experiencias e a súa visión da vida a través duns poemas que provocaron o aplauso dos asistentes ao auditorio do instituto mariñense.

Antonio Brumbek foi o encargado de recitar unha selección dos poemas recollidos neste traballo.

A presentación do acto correu a cargo de Lois González Dopazo, un mariñense moi galardoado no mundo do deporte. Tamén interviu Antonio Novo, director do centro.

Eduardo Víctor Castro ten publicados varios libros de poemas entre os que destacan E para lendas Marín y Mundos por descubrir