O público pontevedrés goza coa versión de "O quebranoces" do Ballet Imperial Ruso

Pontevedra
03 de febreiro 2019

O crebanoces é un clásico que nunca pasa de moda. Comprobárono os pontevedreses que, este sábado, acudiron ao auditorio de Afundación para asistir á representación deste espectáculo que nesta ocasión foi ofrecido polo Ballet Imperial Ruso

Representación de "O quebranoces" polo Ballet Imperial Ruso
Representación de "O quebranoces" polo Ballet Imperial Ruso / Diego Torrado

O crebanoces é un clásico que nunca pasa de moda. Comprobárono os pontevedreses que, este sábado, acudiron ao auditorio de Afundación para asistir á representación deste espectáculo que nesta ocasión foi ofrecido polo Ballet Imperial Ruso.

O Ballet Imperial Ruso é herdeiro da escola rusa de ballet, cuxas tradicións e continuidade transmítense de xeración en xeración, non están suxeitas ao tempo nin ao espazo e percíbense como un verdadeiro imperio creativo.

Un elenco formado por 45 bailaríns de máximo nivel recrearon sobre o escenario de Afundación esta peza de dous actos, que conta coa música de P. I. Tchaikovsky.

O espectáculo celebrouse baixo a dirección artística do ruso Geminidas Tarandá, que tamén asinou a coreografía da que gozou o público pontevedrés.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora