O ritmo de Richard Bona fai vibrar ao público da Ferrería

Pontevedra
24 de xullo 2014

O multiinstrumentista camerunés ofreceu un concerto cheo de fusión e dinamismo dentro do Festival Internacional de Jazz e Blues que continúa esta noite do xoves 24 coa actuación da cantante de soul Robin Mckelle

Concerto de Richard Bona no Festival Internacional de Jazz
Concerto de Richard Bona no Festival Internacional de Jazz

Un dos baixistas máis reclamados dentro da esfera do jazz mundial, Richard Bona, ofreceu un concerto cheo de dinamismo e de fusión de ritmos dentro dos concertos que o Festival Internacional de Jazz e Blues programou para esta semana.

O músico camerunés inauguraba o escenario dos grandes recitais na Praza da Ferrería acompañado polos cinco músicos que forman a banda que lle acompaña durante a xira que iniciou a finais de xuño e que este xoves o leva a tocar en Portugal.

Bona iniciou a súa carreira en solitario en 1998 e participou con grandes nomes da música internacional como Chick Corea ou Bobby McFerrin.

Esta noite de xoves 24 de xullo, ás 22.30 horas, chega a quenda da cantante de soul Robin Mckelle, que estará acompañada no escenario da Ferrería pola banda The Flytones. Trátase dunha das voces máis características do panorama do jazz actual e en 2004 lograba o terceiro lugar noThelonious Monk Vocal Jazz Competition. Entre outros artistas, colaborou con Wayne Shorter, Herbie Hancock, Bobby McFerrin, Carly Simon e David Bowie.