O Pazo da Cultura rexistrou unha magnífica entrada de público para a cita coa veterana banda norteamericana Nada Surf. O concerto atópase dentro do ciclo Sons Diversos, promovido pola Concellería de Cultura.
A banda, consolidada como cuarteto tras a incorporación do guitarrista Doug Gillard, presentou o seu novo álbum You Know Who You Are, que ofrece máis intensidade ao estilo power-pop deste grupo de rock alternativo.
O seu oitavo traballo discografico, publicado en marzo deste ano, conta con dez temas que tratan a angustia e a esperanza.
Nada Surf naceu en 1992 en Nova York co guitarrista Matthew Caws, o baixista Daniel Lorca e o batería Ira Elliot, cunha liña musical marcada pola vitalidade non exenta de nostalxia.