O rock and roll infantil corre polo Pazo da Cultura con Furious Monkey House

Pontevedra
26 de outubro 2015

Mariña, Manu, Irene, Carlota e Amaya saltaron ao escenario acompañados por un mono xigante e metéronse ao público no peto. Todos xuntos conforman os  Furious Monkey House e este domingo presentaron no Pazo da Cultura o seu disco 'Run'. Todo o concerto gravouse en directo para poder difundilo por internet. 

Concerto de Furious Monkey House no Pazo da Cultura
Concerto de Furious Monkey House no Pazo da Cultura / Diego Torrado

Mariña, Manu, Irene, Carlota e Amaya saltaron ao escenario acompañados por un mono xigante e metéronse ao público no peto. Todos xuntos conforman os Furious Monkey House e este domingo presentaron no Pazo da Cultura o seu disco 'Run'

O grupo pontevedrés, cuxos compoñentes humanos -mono xigante aparte- non superan os 12 anos, interpretaron os temas de rock and roll que nos últimos meses gravaron no histórico estudo británico de Abbey Road, así como outras versións, todo en inglés.

A actuación forma parte do ciclo Imperdibles e encheu o Pazo de espectadores cunha idade media inferior ás habituais nos concertos do ciclo, pois non quixeron faltar os amigos e compañeiros de clase dos cinco alumnos. Tampouco os alumnos do seu profesor, Gonzalo Maceira, creador da banda e o músico que toca o baixo tras unha máscara de mono.

Todo o concerto gravouse en directo para poder difundilo pola internet.