O rock e bravú galego fixo 'brincar' á Praza do Teucro

Pontevedra
31 de agosto 2014

A céntrica praza pontevedresa acolleu durante dúas noites a segunda edición do Brinca na Praza coa actuación de catro grupos galegos

Segunda edición do festival Brinca na Praza
Segunda edición do festival Brinca na Praza / Diego Torrado

Quizais non fosen os actos máis numerosos das Festas de Verán, pero os moitos seguidores de rock e bravú galego invadiron Pontevedra para gozar do lindo co Brinca na Praza.

O Festival encheu de cor a céntrica Praza do Teucro durante dúas noites cos concertos de catro bandas da terra.

O venres abriron o Brinca na Praza os grupos A Banda do Terror e Familia Caamagno, mentres que na noite do sábado foi a quenda dos pontevedreses Frenaso no Calsonsillo e para os incombustibles O Caimán do Río Tea.

Esta foi a segunda edición do festival, que promete ter continuidade nos próximos anos.