O Salón do Libro expande o seu universo cun espazo lector que abrirá todo o ano

Pontevedra
22 de abril 2022

Os catro mil títulos de literatura infantil e xuvenil que hai nos fondos do Pazo da Cultura de Pontevedra, como consecuencia da actividade do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, poranse de xeito permanente a disposición da cidadanía. A partir do mes de outubro abrirá as súas portas un espazo lector

Actividades no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2022
Actividades no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2022 / Cristina Saiz

Os catro mil títulos de literatura infantil e xuvenil que hai nos fondos do Pazo da Cultura de Pontevedra, como consecuencia da actividade do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, poranse de xeito permanente a disposición da cidadanía.

A partir do mes de outubro abrirá as súas portas un espazo lector no que se poderá gozar da lectura de todas estas obras ao longo de todo o ano.

A concelleira de Cultura, Carmen Fouces, manifestou a súa "ilusión" co proxecto xa que permitirá vincular o Pazo da Cultura á literatura e á lectura dos libros infantís e xuvenís de xeito permanente, ampliando as actividades do Salón.

Será ademais nun espazo cómodo e acondicionado para gozar da lectura ou facer actividades vinculadas ao Salón do Libro como contacontos, obradoiros ou encontros con autores.