O Salón García acolle a proxección do documental '20 anos de dignidade' sobre o afundimento do Prestige

O Salnés
25 de xaneiro 2023

Dirixido polo pontevedrés José Manuel Arangude Pereira o documental ofrece entrevistas aos protagonistas daquelas xornadas e imaxes da fauna e flora afectada polo chapapote. A película vai proxectarse o sábado 28 a partir das 20.30 horas con entrada libre ata completar a capacidade da sala

'20 anos de dignidade', documental sobre o afundimento do Prestige e as súas consecuencias
'20 anos de dignidade', documental sobre o afundimento do Prestige e as súas consecuencias

O 12 de novembro de 2022, Galicia sufría un dos grandes acontecementos das últimas décadas ao afundirse o Prestige fronte ás costas provocando unha catástrofe ambiental.

Vinte anos despois, o pontevedrés José Manuel Aragunde Pereira dirixiu un documental que recolle entrevistas aos protagonistas daqueles días e ofrece imaxes da fauna e flora afectada polo chapapote.

Aquelas persoas interesadas en ver este traballo, de 45 minutos de duración, terán a oportunidade de achegarse este sábado 28 ao Salón García en Vilagarcía de Arousa a partir das 20.30 horas e revivir aqueles momentos. 

A obra, que leva por título '20 anos de dignidade', foi creada para a xente máis nova de Galicia para que comprobe as consecuencias ambientais daquel afundimento. Esta proxección, promovida pola Deputación de Pontevedra, é para todos os públicos e a entrada será libre ata completar a capacidade da sala.