O sector musical galego réndese aos pés do artesán Antón Corral

Pontevedra
29 de abril 2016

Os Premios Galegos da Música, premios Martín Códax, volveron encher este xoves o Pazo da Cultura de Pontevedra na gala de entrega da súa terceira edición, cun auditorio de máis de 700 persoas que gozaron das propostas escénicas e musicais de Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e a compañía de teatro A Panadaría

Foto de familia dos Premios Galegos da Música 2016
Foto de familia dos Premios Galegos da Música 2016 /

Os Premios Galegos da Música, premios Martín Códax, volveron encher este xoves o Pazo da Cultura de Pontevedra na gala de entrega da súa terceira edición, cun auditorio de máis de 700 persoas que gozaron das propostas escénicas e musicais de Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e a compañía de teatro A Panadaría e aplaudiron con emoción e cada uno dos premiados. 

Os galardóns, promovidos pola Asociación de Músicos Ao Vivo (MAV), tiveron este ano como protagonista indiscutible ao artesán e gaiteiro Antón Corral, premio honorífico 2016 por, entre outros motivos, ser un "referente e traballador incansable pola mellora técnica e estilística dos instrumentos populares galegos". "Antón Corral supón un paso de xigante na música galega, dende a case marxinalidade até o recoñecemento internacional que hoxe ten, e todo feito dende unha humildade, xenerosidade e cariño que o fan dobremente admirable", destacaron os organizadores para recoñecer o seu traballo. A entrega do premio encheu de emoción o acto. 

O resto dos premios nesta edición foron:

  • Pop e indie: Silvia Penide 
  • Rock: Foxy Freire 
  • Blues, funk & soul: Nastasia Zürcher
  • Jazz e músicas improvisadas: Orquestra de Jazz de Galicia 
  • Hip-Hop e músicas urbanas: Sokram 
  • Música clásica e contemporánea: Vertixe Sonora Ensemble 
  • Folque: Caxade 
  • Música tradicional galega: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre 
  • Músicas do mundo: Crebinsky 
  • Canción de Autor: Guadi Galego 
  • Música infantil: Brinca Vai! 
  • Electrónica: Croma
  • Metal: Mutant 
  • Reggae, Ska & Mestizaxe: A Banda da Balbina 
  • Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos 
  • Coros e Grupos Vocais: De Vacas
  • Premio Organistrum Salas: A Arca da Noe 
  • Premio Organistrum Festivais: Feito a Man 
  • Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Ábretedeorellas