O SonRías Baixas xa ten datas para 2024: do 1 ao 3 de agosto

Bueu
29 de decembro 2023

Desde a organización anuncian que durante o mes de xaneiro coñecerase máis información sobre a súa proposta musical e artistas confirmados, así como sobre a venda de abonos. Este 2023 tivo unha cifra de asistencia de 22.400 persoas, récord histórico 

Primeira xornada do Festival SonRías Baixas 2023
Primeira xornada do Festival SonRías Baixas 2023 / Diego Torrado

O festival SonRías Baixas de Bueu xa ten datas para a súa próxima edición, a 21 desta cita musical. Celebrarase os días 1, 2 e 3 de agosto. 

Este festival celebrou este ano 2023 o seu vixésimo aniversario con récord de asistencia e agora xa prepara a nova cita, promovida, como é habitual, por PlayPlan.

Desde a organización anuncian que durante o mes de xaneiro coñecerase máis información sobre a súa proposta musical e artistas confirmados, así como sobre a venda de abonos. 

Este 2023 o festival clausurou tres días de música cunha cifra de asistencia de 22.400 persoas, récord histórico nos seus vinte anos de celebración, logrando manter a súa vocación interxeracional e xerando un impacto económico no territorio de máis de 1'5 millóns de euros.