O Surfing the Lérez apúntase ao San Xoán: regresa os días 23, 24 e 25 de xuño

Pontevedra
17 de marzo 2022

Tras dous anos de ausencia pola pandemia, Pontevedra recupera o seu festival musical por excelencia, o Surfing the Lérez. Farao ademais coincidindo cunha das festividades de maior arraigamento en Galicia, a noite de San Juan. O festival celebrarase os días 23, 24 e 25 de xuño, retomando o seu escenario habitual, a Illa das Esculturas

Heredeiros da Crus no Surfing the Lérez
Heredeiros da Crus no Surfing the Lérez / Diego Torrado

Tras dous anos de ausencia pola pandemia, Pontevedra recupera o seu festival musical por excelencia, o Surfing the Lérez. Farao ademais coincidindo cunha das festividades de maior arraigamento en Galicia, a noite de San Xoán.

E é que, segundo confirmaron este xoves os seus organizadores, o festival celebrarase os días 23, 24 e 25 de xuño, retomando o seu escenario habitual, a Illa das Esculturas.

Iso si, os concertos propiamente ditos concentraranse o venres 24, aproveitando o seu carácter de xornada festiva, con actuacións durante todo o día en catro escenarios diferentes; e o sábado 25.

Neste segundo día de concertos é cando se organizará ademais a tradicional recollida de alimentos solidaria, a modo de entrada a un festival que ten carácter gratuíto, e coa que esperan bater records este ano ante porque, aseguran, "necesitámolo máis que nunca".

O Surfing the Lérez, na máxica noite de San Xoán -23 de xuño-, tamén ten previsto algún tipo de celebración especial, a modo de pistoletazo de saída para a súa fin de semana grande.

Por agora, non transcendeu o nome de ningún artista ou banda que vaia a actuar no festival, pero as primeiras confirmacións non tardarán en chegar.