O Surfing the Lérez desvela as súas datas para 2020: 11, 12, 13 e 14 de xuño

Pontevedra
25 de decembro 2019

Coma se dun agasallo de nadal se tratasera, os organizadores do Surfing The Lérez quixeron felicitarnos as festas cun anuncio moi especial: as datas para a edición de 2020. O festival, que cumprirá dez anos, celebrarase os días 11, 12, 13 e 14 de xuño

Heredeiros da Crus no Surfing the Lérez Diego Torrado

Coma se dun agasallo de nadal se tratasera, os organizadores do Surfing The Lérez quixeron felicitarnos as festas cun anuncio moi especial: as datas para a edición de 2020. O festival, que cumprirá dez anos, celebrarase os días 11, 12, 13 e 14 de xuño.

A Illa das Esculturas será, un ano máis, o escenario dos concertos que volverán converter a este festival no pistoletazo de saída para o verán.

A programación do festival, que se coñecerá máis adiante, asolagará de música e bo ambiente a toda a cidade de Pontevedra aínda que, previsiblemente, os días grandes serán o venres 12 e o sábado 13.

En ambas as xornadas, como en anos anteriores, miles de persoas acudirán ao recinto do festival para gozar dunha selecta oferta musical, do seu mercadiño e da zona gastronómica, entre outros atractivos, que converten a Surfing the Lérez nun evento familiar de primeira categoría.

Heredeiros aá Crus, Familia Caamagno, Anaut, Terbutalina ou Sex Museum foron, este ano 2019, algunhas das bandas que actuaron neste festival.