O teatro de Tanxarina Títeres anima ao público familiar para encarar a última fin de semana do Salón do Libro

Pontevedra
15 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Salón afronta a súa derradeira fin de semana na que o público poderá gozar con diferentes obradoiros, espectáculos para bebés, contacontos e máis estreas

`Titiricircus' de Tanxarina Títeres no Salón do Libro de Pontevedra
`Titiricircus' de Tanxarina Títeres no Salón do Libro de Pontevedra / Concello de Pontevedra

A vixésimo quinta edición do Salón do Libro encara os seus últimos días, a súa última fin de semana, cunha programación chea de propostas como talleres, espectáculos para bebés, contacontos ou estreas. 

Este venres unha das propostas para público familiar, que tamén puideron gozar as visitas de escolares da provincia, foi 'Titiricircus' de Tanxarina Títeres.

O sábado ás 19.00 horas estréase o espectáculo ‘Sinfonía máxica’ do Mago Teto e a Banda de Música de Salcedo. O prezo da entrada é de 3 euros, dispoñibles en Ataquilla.com.

O domingo ás 18.00 horas despedirase cun espectáculo de clausura exclusivo que unirá aos novísimos músicos do RockLab e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Este espectáculo 'Rockus pocus' é gratuíto aínda que hai que retirar as entradas en Ataquilla.com. Ademais destas propostas que requiren entrada de pago ou reservala, o Salón do Libro seguirá ofrecendo durante a xornada do sábado e domingo o seu programa gratuíto de actividades.

Esta xornada do venres, os estudantes universitarios tamén tiveron o seu espazo no Salón do Libro participando nun encontro con Paula Carballeira, Premio Nacional de Teatro, e coa que tiveron unha charla sobre expresión teatral. Unha iniciativa do Salón e o Congreso de Mediación Lectora que se celebrará o último trimestre do ano. Na actividade participaron alumnos de Ciencias da Educación dos Campus de Ourense, Santiago e Pontevedra.