O Teatro Principal reanuda a súa actividade coa proxección do Doc do mes 'Cachada'

Pontevedra
21 de xuño 2020

Será o vindeiro martes 23 ás 19:30 horas co visionado do documental 'Cachada', da leonesa Marlén Viaño, que trata da poderosa forza que ten o teatro fronte a violencia

Documental 'Cachada' de Marlén Viñayo
Documental 'Cachada' de Marlén Viñayo / Marlén Viñayo

Despois do parón provocado pola Alerta Sanitaria da COVID-19 o vindeiro martes 23 ás 19:30 horas, o Teatro Principal de Pontevedra reanudará a súa actividade baixo todas as medidas e protocolos para a seguidade dos e das asistentes, que inclúen, entre outras, a reducción do aforo e a distancia entre o público.

A proxección escollida para inaugurar esta nova normalidade no Principal, será o ciclo Docs do mes cun visionado do documental 'Cachada', da leonesa Marlén Viaño, que trata da poderosa forza que ten o teatro fronte a violencia.

No documental, cinco vendedoras ambulantes do Salvador expoñen as súas vidas nun taller de teatro. Alá falan sobre as súas vivencias nos mercados e nos seus fogares, feito que lles permite revivir os traumas que sufriron ao longo da súa vida. A través deste experimento liderado pola profesora Egly Larreynaga, estas mulleres (Magaly, Magda, Ruth, Chileno e Wendy) viven unha transformación profunda que lles permitirá descubrir a súa propia voz e darse conta dos efectos que provocou nelas e nos seus fillos a realidade violenta e machista que as rodea.

A través dos ensaios, esas mulleres solteiras e traballadoras serán conscientes de que o ciclo da violencia reprodúcese con facilidade en ambientes onde os fillos crecen sen asimilar a dor do pasado.  Despois de crear unha pequena compañía chamada 'A Cachada Teatro', aceptan o reto de crear unha obra profesional interpretándose a elas mesmas para explicar as súas historias e experiencias vitais. Un proceso catártico, sincero e liberador que reflicte a valentía desas mulleres para afrontar o seu pasado e os segredos máis profundos cunha xenerosidade esperanzadora.

O seguinte martes no mesmo horario (19:30 horas) proxectarase o filme 'Déixame saír' de Jordan Peele que, gañadora dos premios Óscar e Bafta ao mellor guión orixinal e Globo de Oro á mellor película de comedia en 2017, mestura thriller e humor.

Por último, segundo informan dende o Concello xa están traballando na volta do Cineclube que está prevista para o mes de xullo.