O verán anima ao Cineclube a sacar as súas sesións ao aire libre

Pontevedra
22 de xullo 2019

Coa chegada do bo tempo, o Cineclube Pontevedra saca as súas pantallas ao aire libre. Será coa iniciativa Cinema no Xardín, en colaboración co Liceo Mutante. A sede desta asociación cultural, na rúa Rosalía de Castro, acollerá a proxección de tres películas

Escena da película "Le Havre"
Escena da película "Le Havre" / Cineclube Pontevedra

Coa chegada do bo tempo, o Cineclube Pontevedra saca as súas pantallas ao aire libre. Será coa iniciativa Cinema no Xardín, en colaboración co Liceo Mutante. A sede desta asociación cultural, na rúa Rosalía de Castro, acollerá a proxección de tres películas.

A primeira será o mércores 24 de xullo. A película elixida será Le Havre (2011) do finés Aki Kaurismäki. Nela, un escritor vive felizmente no triángulo composto polo seu bar favorito, o seu traballo e a súa esposa, ata que o destino fai que se cruce cun emigrante africano menor de idade que cambiará a súa vida.

As proxeccións continuarán o venres 26 de xullo con Cancións, caras e lugares. Rexistro dunha escena galega, unha selección de vídeos de concertos relacionados dalgún xeito co Liceo Mutante, que foi programada e será presentada por Cibrán Tenreiro Uzal.

Para rematar, o sábado 3 de agosto, Berio Molina e Alexandre Cancelo presentarán 7 Limbos, que vén de ser estreada na X Mostra de Cinema Periférico (S8).  

A entrada para ver as tres sesións, que comezarán ás 22.30 horas, será gratuíta.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora