Odaiko & Vanessa Muela, música folclórica para oídos agradecidos

Pontevedra
16 de agosto 2018

A praza da Ferrería acolleu este recital con música tradicional, que fixo un repaso de romances ou fandangos. Esta noite, a partir das 21.00 horas, actuará neste escenario Rubén de Lis Trío

Concerto de Odaiko e Vanesa Muela na Praza da Ferrería
Concerto de Odaiko e Vanesa Muela na Praza da Ferrería / Paula Sanmartin

A praza da Ferrería acolleu o novo espectáculo de Odaiko en compañía da artista Vanessa Muela. Trátase dunha proposta musical que se achega ao folclore de orixe castelán-leonés e tamén ao galego.

Estes músicos ofreceron un concerto sinxelo, cun son agradable que sorprendeu ao público pontevedrés. Os temas do álbum 'Camino de vuelta', publicado en 2017 e presentado en Pontevedra, tratan sobre romances, cantos do Nadal ou de traballo e mesturan instrumentos populares de Galicia con outros  procendentes de culturas africanas, orientais ou de América do Sur.

Este xoves 16, o escenario da praza da Ferrería contará coa actuación de Rubén de Lis Trío, a partir das 21.00 horas.